CRTVG

Buscar

Revisan a seguridade nos drons: un mal uso pode xerar riscos en aeroportos

Publicado o 28/01/2019 12:33

A irrupción de drons no espazo aéreo do aeroporto británico de Gatwick en decembro supuxo a cancelación de centos de voos e afectou máis de cen mil pasaxeiros. Pero, ademais, puxo de manifesto o perigo destes aparellos en mans irresponsables e a inexistencia de medidas eficaces para interceptalos en zonas de risco como pode ser un aeródromo.

O avance da tecnoloxía permitiu o uso de aeronaves non tripuladas que facilitan a realización de traballos, antano imposibles pola súa complexidade ou polo seu custo económico. Os drons viñeron para quedar, pero o seu uso irresponsable pode ocasionar situacións de risco real. No mes de decembro, o suposto avistamento destes aparatos obrigou a pechar durante 36 horas o aeroporto inglés de Gatwick, deixando en terra máis de cen mil pasaxeiros.

Os técnicos aeronáuticos aseguran que un dron pode provocar danos graves na estrutura dun avión en caso de impacto ou obrigar o piloto a facer manobras de risco para esquivalos. A mala noticia é que é dificil evitalo.

Tras o sucedido en Gatwick, os especialistas aseguran que a solución pasa por identificar os usuarios destas aeronaves e desenvolver contramedidas eficaces para neutralizar os drons.

Tras o sucedido en Gatwick, os especialistas aseguran que a solución pasa por identificar os usuarios destas aeronaves e desenvolver contramedidas eficaces para neutralizar os drons.

En España, non se pode voar un dron recreativo a menos de oito quilómetros dun aeroporto, e as multas polo seu uso ilegal poden ir dos catro mil aos catro millóns de euros. A concienciación dos usuarios destas aeronaves resulta fundamental porque ben usados supoñen unha ferramenta con enormes posiblidades de futuro.

 

Noticias web

28/01/2019