CRTVG

Buscar

Revilla advirtelle ao PSOE de que repensará o pacto en Cantabria

Publicado o 09/01/2020 17:48

O presidente de Cantabria repensará o pacto de goberno co Partido Socialista. Miguel Ángel Revilla cualificou de sainete a ameaza do PSOE de abandonar o bipartito tras a negativa dos   rexionalistas a apoiar a investidura de Pedro Sánchez. Finalmente o PSOE seguirá no executivo, aínda que Revilla pon condicións: "repensemos o pacto en base a que se respete o presidente como institución de Cantabria e que as reivindicacións que ten Cantabria se cumpran. E iso non é un órdago. Se iso non se fai, non pode haber goberno"

Noticias web

09/01/2020