CRTVG

Buscar

Revelan que O Chapo preparou unha nova fuga dunha prisión mexicana

Publicado o 19/07/2019 08:37
Revelan que O Chapo preparou unha nova fuga dunha prisión mexicana

O narcotraficante mexicano Joaquín 'o Chapo' Guzmán foi trasladado e o seu destino máis probable é á prisión de máxima seguridade de Colorado, onde cumprirá a cadea perpetua á que foi condenado por un xuíz federal estadounidense.

O ex-director do penal mexicano onde estivo recluído revelou que o Chapo preparaba unha segunda fuxida deste cárcere. Segundo o funcionario, o xefe do cártel de Sinaloa tiña previsto utilizar un segundo túnel escavado polos seus sicarios. O descubrimento do túnel acelerou o seu traslado de cárcere e a súa posterior extradición aos Estados Unidos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/07/2019