Reus, Punta Umbría e Granada, as máis beneficiadas polo Gordo
O Gordo estivo moi repartido, aínda que beneficou uns sitios máis ca outros. Ademais de en Pontevedra, o Gordo repartiuse en polo menos outras 17 provincias españolas. A localidade de Reus, en Tarragona, e Punta Umbría, en Huelva, son das máis afortunadas, xa que en cada unha delas vendéronse 60 series, que son 240 millóns de euros. Tamén Granada, con 45 series vendidas, levou un bo pico.
Cantárono ás 12 e do us minutos e pouco despois xa se sabía que estaba repartido por case todas as comunidades españolas. Bilbao, Madrid, Cáceres, Cádiz, Salamanca, Valencia, Tenerife e As Palmas son algunhas das provincias en que se venderon décimos do 72.897.
A comunidade máis afortunada foi Andalucía, onde tocaron sesenta series en Punta Umbría, Huelva, e outras 45 en Granada. En total 420 millóns, 240 en Punta Umbría e 180 en Granada capital.
En Tarragona vendéronse tamén sesenta series, a maior parte para os traballadores da industria de automoción Teixidó, en Reus.
Algo tardío, a iso da unha e dez, saía o segundo premio. O 6.095 levou a sorte ata Ferrol, como xa vimos, e tamén deixou miles de euros noutros 20 municipios de 11 provincias.
Moi repartido por toda España o terceiro premio, o número 52.472 que, ademais de en Ourense, tocou e Toledo, Cuenca e varias localidades catalás.