CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Reunión para comezar a programar as actividades culturais do próximo Ano Xacobeo de 2021

Publicado o 09/05/2018 21:23


O Xacobeo 2021 xa asoma a cabeza. Hoxe tivo lugar unha reunión do grupo de traballo para empezar a programar as actividades culturais que servirán de promoción xa durante o vindeiro ano. Participaron diferentes actores que están involucrados como representantes do Goberno e das comunidades autónomas.


Xuntanza do grupo de traballo do Xacobeo 2021 con representantes do Goberno central e de nove comunidades polas que transitan os camiños de Santiago. O obxectivo é preparar a programación cultural de interese para os territorios do Consello Xacobeo. Despois de máis dunha década esperando un novo ano santo, din os xestores que vai ser toda unha aposta estratéxica para Galicia.



Este ano poderemos desfrutar xa dalgúns eventos culturais, como é o caso do festival de música O Son do Camiño, pero será a partir do ano que vén cando o programa comece a pisar forte para quentar motores.



Nesta reunión de traballo lembrouse que os presupostos xerais do Estado para 2018 establecen beneficios fiscais para as empresas que participen nestas activividades de arte e cultura.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

09/05/2018