CRTVG

Buscar

Convocan unha reunión de urxencia esta tarde para tratar a crise de Alcoa

Publicado o 06/10/2020 08:45

O Goberno convoca unha reunión de urxencia para esta tarde en Alcoa, para tratar de buscarlle unha saída á crise da factoría de San Cibrao. A xuntanza será telemática e está prevista para as cinco e media.

Agardan que a implicación do Ministerio sexa definitiva para acadar unha solución para a factoría de San Cibrao. Van no terceiro día de folga indefinida.

"A primeira das opcións é a compra pola SEPI, que é o que estivo enriba da mesa e que Alcoa rexeitou (...), e a segunda sería facer unha intervención temporal para venderse de novo", explica José Antonio Zan, presidente do comité de empresa. "Quen ten as ferramentas son os gobernos, que son os que teñen que obrigar a Alcoa a sentar a negociar", afirma Zan.

 

Noticias web

06/10/2020