CRTVG

Buscar

Atrasan as obras no paseo das Avenidas de Vigo para celebrar o Seafest e o Marisquiño

Publicado o 06/03/2020 15:16

O Porto de Vigo atrasará a reforma do paseo das Avenidas para no interferir no Seafest e no Marisquiño. Así o anunciou esta mañá o presidente da Autoridade Portuaria tras reunirse cos organizadores de ambos festivais.

A licitación de ambos proxectos para reconstruír o paseo das Avenidas, que se derrubou hai dous anos, será nos vindeiros días e as obras estarán adxudicadas en xuño. Con todo, posporanse ata setembro para non interferir nestes festivais. O Sea Fest, que será en xullo, e o Marisquiño, a principios de agosto.

As obras, que afectarán o acondicionamento do tramo enlousado e a reconstrución do paseo marítimo, durarán nove meses. Nos traballos utilizaranse materiais novos e reforzaranse algunhas zonas do paseo, que manterá o seu estado orixinal. O seu custo será de cinco millóns de euros.

Noticias web

06/03/2020