CRTVG

Buscar

Retómase o xuízo de Diana Quer coa elección do xurado

Publicado o 11/11/2019 13:04

Esta mañá retómase o xuízo polo crime de Diana Quer coa elección do xurado popular. Un trámite que non se cpuidera levar a cabo a finais de outubro e obrigara ao aprazamento da vista.

O pasado 28 de outubro, 21 persoas estaban citadas nestes xulgados de Santiago para formar parte do tribunal popular que vai xulgar o crime de Diana Quer. Pero catro delas presentaron razóns para seren excluídas. Unha fixo valer o seu dereito de exclusión por ter máis de 65 anos, dúas alegaron motivos médicos, incluído un accidente recente, e unha cuarta argumentou falta de imparcialidade para emitir un veredicto e acabou sendo recusado polas partes.

Finalmente, suspendíase a sesión, á que tamén acudiu a avogada de oficio que representará a Xosé Enrique Abuín. Hoxe repetirase o trámite para a selección do xurado. Están citadas outras doce persoas, das que se validarán tres, que xunto ás dezasete que xa están elixidas, 11 mulleres e 6 homes, permitirán que se proceda á elección dos nove membros do tribunal popular, mais os dous suplentes.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/11/2019