CRTVG

Buscar

Cospedal, Álvarez Cascos e Javier Arenas declaran no xuízo pola caixa b do PP

Publicado o 23/03/2021 08:26
Cospedal, Álvarez Cascos e Javier Arenas declaran no xuízo pola caixa b do PP

Nova sesión na Audiencia Nacional do xuízo pola caixa B do Partido Popular. Este mediodía declararán como testemuñas María Dolores de Cospedal e os exministros Francisco Álvarez Cascos e Javier Arenas.

O principal acusado, Luis Bárcenas, sinala estes tres exsecretarios xerais do PP como perceptores de sobresoldos.

Tamén hoxe comparecerá, entre outros exaltos cargos populares, o xornalista Pedro J. Ramírez por achegar nos xulgados os documentos orixinais da caixa B, manuscritos polo extesoureiro, que o propio Bárcenas lle proporcionaría.

Noticias web

23/03/2021