CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Retómanse as declaracións polo accidente do tren de Angrois

Publicado o 12/09/2018 14:55

Esta mañá retomáronse as declaracións do caso Alvia nos xulgados das Fontiñas, en Santiago. Compareceron ante o xuíz un dos técnicos da UTE e o segundo cargo do Adif investigado polo accidente de Angrois, Fernando Rebón.

O xerente da área de Seguridade na circulación no noroeste foi increpado polas vítimas que acudiron aos xulgados para seguir a instrución do caso. Na súa declaración, Rebón só respondeu ás preguntas do xuíz, do fiscal e do seu letrado, e asegurou que el non era o responsable do deseño da seguridade da liña Ourense-Santiago.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí