CRTVG

Buscar

Retoman en Cerdido, na Coruña, a procura do mozo Yago de la Puente

Publicado o 02/10/2019 23:03
Retoman en Cerdido, na Coruña, a procura do mozo Yago de la Puente

Axentes da Garda Civil e integrantes de Protección Civil retomaron este mércores en Cerdido (A Coruña) a procura do coruñés Yago de la Puente, quen leva desde o pasado mes de xullo en paradoiro descoñecido.

O mozo acudira ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e perdéuselle logo a pista nas inmediacións do apeadoiro de tren da localidade limítrofe de Cerdido.

Unha vintena de efectivos do Instituto Armado de varios municipios da zona e voluntarios de Protección Civil de Cedeira e As Pontes sumáronse ao dispositivo. Os participantes, citáronse á primeira hora da mañá na contorna da estación de Cerdido e logo dividíronse en grupos. A busca levouse a cabo tanto en vías rurais da zona como nas inmediacións do tendido ferroviario. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí