CRTVG

Buscar

Retoman as viaxes en barco con viaxeiros cara ás Cíes e Ons

Publicado o 20/06/2020 13:52

LENDA
Desde primeira hora deste sábado xa navegan barcos con viaxeiros cara ás Cíes e tamén Ons. As navieiras extreman as medidas de seguridade a bordo e modifican tamén os horarios. Mar de Ons ofrece catro travesías ao día dende Vigo e Cangas cara ás illas Cíes e outras tantas dende Portonovo, Sanxenxo e Bueu cara a Ons. As cotas mantéñense coma antes da pandemia, é dicir, 1.800 persoas ao día para as Cíes e 1.300 para Ons.

A medidados de febreiro paralizaronse estas viaxes, catro meses despois había moitas ganas de regresar.

Noticias web

20/06/2020