Retoman a campaña de vacinación nas residencias galegas
Arredor das 8 da mañá chegaban á residencia Os Arcanxos de Teo o persoal sanitario e as vacinas que lles ían administrar aos 32 usuarios e 18 traballadores do centro. Son parte das 350 doses que sobraron o domingo da primeira remesa.
Sabina Salvado amosaba a sua satisfacción tras ser a primeira en vacinarse esta mañá.
Para usuarios e traballadores da residencia Os Arcanxos hoxe é un día para celebrar dobremente: porque non tiveron ningun positivo ata agora e porque a vacina tráelles esperanza. Un regalo de Reis por adiantado.
As 350 doses repartíronse entre 7 centros de maiores das distintas áreas sanitarias. A emoción do momento mesmo se traduciu en aplausos nesta residencia de Burela para a primeira usuaria vacinada.
Todos coinciden en que o exemplo dos nosos maiores debe cundir entre a poboación e que sexan maioría os que se sumen á campaña de vacinación cando toque.
As 18.000 doses da segunda remesa de Pfizer xa están en camiño a Galicia e mañá continuará a inmunización nas residencias da comunidade.