CRTVG

Buscar

Retoman a busca do pescador desaparecido en Covas

Publicado o 30/09/2020 15:41

En Ferrolterra retomouse a busca do pescador de Narón que falta da súa casa desde o pasado 20 de setembro.

Hoxe fai dez días da súa desaparición e os equipos de rescate intensificaron os traballos de busca e tamén ampliaron as zonas de rastrexo. Ao longo de toda a mañá, medios aéreos, terrestres e tamén marítimos andaron á súa procura. Lembremos que o pescador desaparecido é un veciño de Freixeiro, en Narón, duns 60 anos, que na tarde do domingo 20 de setembro se achegou ata esta zona de Covas para practicar pesca con cana e desde aquela os seus familiares non volveron saber del".  

Á primeira hora da mañá os equipos de rescate preparábanse para comezar unha nova xornada de busca.  Todos eles intensificaron a súa actividade nunha zona máis ampla de rastrexo.

Os labores de rastrexo continuarán esta tarde ata que caia a noite. Despois a busca quedará suspendida ata que haxa 21 días da súa desaparición. É a segunda oportunidade de que un cadáver afundido saia á superficie. Mntres, aproveitaranse as saídas e os exercicios programados, tanto dos medios aéreos como marítimos, para controlar a zona. Con todo, en caso de calquera alerta por algún tipo de avistamento, o operativo activaríase de novo.

 

 

 

 

Noticias web

30/09/2020