CRTVG

Buscar

Retoman a actualización do censo de cegoñas en Galicia tras a parada pola pandemia

Publicado o 01/06/2020 20:42

Nancy e Victor rexistra a presenza dun niño na zona de San Cibrao cun polo. Son dous dos preto de 60 voluntarios da Socidade Galega de Historia Natural que participan na actulización do censo de cegoñas en Galicia.

Os resultados que teñen ata agora constatan que o número de exemplares vai en aumento e que unha das zona onde maior presenza ten esta ave é na Limia.

Case se triplicou a cantidade de niños en 15 anos.

A simbiose entre cegoña e agricultor está detrás de crecemento. Esta ave permite erradicar moitas pragas.

Neste intre os polos teñen unhas cinco semanas e comezan a facer prácticas de voo. Cando estean abandonarán o niño e emigrarán cara ao sur para pasar o inverno aínda que cada vez son máis as parellas que se asentan de forma permanente en Galicia. Só na Limia este ano contabilizáronse 15 exemplares que decidiron non abandonar a nosa comunidade.

Noticias web

01/06/2020