Reto demográfico: Galicia pode perder ata 200.000 habitantes nunha década
Publicado o 28/01/2020 14:02
Galicia loita contra o descenso da natalidade e o envcellecemento da súa poboación, dous problemas que lle poderían facer perder ata 200.000 habitantes na próxima década.
É unha das conclusións do informe Eixo Atlántico: situación demográfica e perspectivas, presentado esta mañá na sede do Consello Económico e Social. O texto fai unha radiografía exhaustiva da situación en toda a eurorrexión, que compartimos tamén co norte de Portugal. Os seus responsables advirten que os servizos na Galicia interior, a máis afectada, resultan cada vez máis caros. E alertan do prexudiciais que serían para Galicia uns presupostos xerais do Estado que atendesen só ao número de habitantes.