CRTVG

Buscar

Retíranlle o coche tras dar positivo por cocaína e opiáceos e descubrir que levaba dous cans no maleteiro sen comida

Publicado o 02/10/2020 17:11
Retíranlle o coche tras dar positivo por cocaína e opiáceos e descubrir que levaba dous cans no maleteiro sen comida

Axentes da Policía Local de Lugo retiraron o vehículo a un condutor que obtivo positivo por cocaína e opiáceos, e ao que localizaron dous cans sen auga nin comida no maleteiro.

Segundo relatou a Policía Local, os feitos ocorreron na madrugada do xoves, cando efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo procederon á retirada con guindastre ao depósito municipal dun vehículo cuxo condutor arroxou, no test de drogas ao que foi sometido, un resultado positivo en cocaína e opiáceos.

Ademais, indicaron as mesmas fontes, no maleteiro do vehículo acharon dous cans "sen auga nin comida", dos cales non se puido facer cargo o condutor.

Por iso, foi requirido o servizo de Lacería da Protectora de Animais, que recolleu os animais e trasladounos ás instalacións da sociedade para o seu coidado.