CRTVG

Buscar

Retiran tonelada e media de lixo do piso en que vivía o neno presuntamente maltratado polos seus pais

Publicado o 21/08/2019 18:30
Retiran tonelada e media de lixo do piso en que vivía o neno presuntamente maltratado polos seus pais

 

O concelleiro de Medio Ambiente no Concello de Lugo, Álvaro Santos, confirmou que os servizos de limpeza retiraron "ao redor de tonelada e media de lixo" da casa na que vivían os investigados por presuntos malos tratos ao seu bebé de dous meses.
Santos sinalou que nas últimas horas limpouse a fondo a vivenda, situada no número 23 da rúa Irmáns Carro, antes de proceder á súa "desinfección e desratización". "Temos que garantir a salubridade e a seguridade pública dos cidadáns", precisou. O edil cualificou a situación como "dramática e de gran magnitude", polo que fixo un chamamento aos veciños para que, ante o "síntoma dun caso similar", avisen para actuar "coa maior celeridade posible". "É mellor unha falsa alarma que chegar a unha situación como esta", advertiu Santos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí