CRTVG

Buscar

Retíranlle o carné a un taxista vigués que ía bébedo

Publicado o 14/05/2019 14:42

Terceiro taxista denunciado en Vigo por consumo de alcol ou drogas en menos dunha semana. Trátase dun home duns 60 anos ao que o xuíz xa lle retirou o carné de conducir durante 8 meses. Ademais, terá que pagar unha multa de 720 euros.

Foi condenado nun xuízo rápido celebrado despois de que fora interceptado pola Policía Local conducindo ebrio. A pena foi mínima porque asegurou que non estaba de servizo.

É a primeira condena dos tres casos que se deron nos últimos días, xa que os outros dous son delitos contra a seguridade viaria, que se tramitan no xulgado de instrución. O colectivo de taxistas insiste en que estas condutas son intolerables.  

 

 

 

Noticias web

14/05/2019