CRTVG

Buscar

Retiran moreas de lixo dos fondos mariños explotados pola confraría do Grove

Publicado o 23/10/2021 15:26

A obra social Afundación en colaboración coa confraría do Grove e o Concello de Cambados desenvolveron unha xornada de concienciación e limpeza dos areais que explota a confraría integrada por mariscadoras do Grove, Sanxenxo, Cambados e Meaño. 

Cando non había puntos limpos, os mariñeiros e bateeiros do Grove empregaban esta praia pouco produtiva a carón do campo de golf para botar os refugallos. Aínda quedan residuos daquel tempo baixo a area porque o mar non esquece.

Os tempos mudaron pero moitos costumes non, por iso as mariscadoras continúan atopando no mar obxectos de todo tipo.

A xornada organizada coa colaboración de Afundación tiña un obxectivo sensibilizador pero foi moi produtiva porque se recolleu moito lixo.

Tras a recollida houbo un intenso traballo de pesaxe, traslado e separación. Na xornada participaron 400 persoas.




 

Noticias web

23/10/2021