CRTVG

Buscar

Retiran do mercado varios lotes de cristalmina por contaminación microbiolóxica

Publicado o 29/05/2020 09:43
Retiran do mercado varios lotes de cristalmina por contaminación microbiolóxica

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) ordenou a retirada de varios lotes de Cristalmina, un antiséptico para feridas e queimaduras leves, "por potencial contaminación microbiolóxica".

Segundo explica a Axencia, a contaminación deste fármaco dos laboratorios Salvat debeuse a que se empregou, na súa fabricación, un lote do principio activo clorhexidina digluconato afectado por unha alerta farmacéutica.

A alerta afecta tres lotes: N705, con data de caducidade 10/2022; N706, data de caducidade 10/2022, e N713, data de caducidade 12/2022.

Como medidas cautelares adoptadas, a AEMPS ordena la retirada do mercado de todas as unidades distribuídas destes lotes e a devolución ao laboratorio polos medios habituais.

Ademais, pídelles ás comunidades autónomas que realicen o seguimento da retirada.