CRTVG

Buscar

Retiran do mercado unha randeeira relacionada coa morte de 30 nenos en Estados Unidos

Publicado o 13/04/2019 21:10
Retiran do mercado unha randeeira relacionada coa morte de 30 nenos en Estados Unidos

O grupo estadounidense Mattel retira do mercado mundial de xeito inmediato case cinco millóns de randeeiras coma estas. Trátase do modelo Rock'n Play da marca Fisher-Price. Supostamente están relacionadas coa morte por asfixia dunha trintena de nenos nos Estados Unidos.

Supostamente os bebés deran a volta, e quedaran boca abaixo. Morreron ao non poder respirar. A empresa atribúe as mortes a un fallo nas normas de uso por parte dos país. Con todo, nun comunicado vía Twitter, anuncian a retirada voluntaria de todas as unidades deste modelo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/04/2019