CRTVG

Buscar

Retiran do mercado máis de 3.200 xoguetes por non reunir as condicións de seguridade

Publicado o 03/01/2018 15:34

A Garda Civil retira da venda en Cantabria máis de 3.200 xoguetes por non reuniren condicións de seguridade. Tamén formulou máis de 900 denuncias por infraccións relacionadas coa seguridade e fabricación dos xoguetes.

É unha campaña orientada á seguridade dos nenos con motivo do Nadal e dos dereitos dos consumidores, en establecementos tipo bazar onde se venden xoguetes de orixe principalmente asiática e baixo custo.

A Garda Civil atopou 264 irregularidades polas etiquetaxes en xoguetes e 50 nos envases, por non estar en idioma castelán, falta de datos do importador, distribuidor ou fabricante. 297 que non tiñan instrucións ou non estaban no idioma correcto.  Tamén interviron 287 xoguetes procedentes do contrabando, instruíndo 102 denuncias administrativas.

Finalmente 206 non tiñan a marca CE que acredita que cumpren os requisitos para a comercialización dentro da Unión Europea.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/01/2018