CRTVG

Buscar

Retiran as árbores das estradas da montaña de Lugo que caeran ás vías por mor da neve

Publicado o 03/11/2018 16:10

Varias árbores bloquean a estrada que vai a igrexa de Galegos en Navia de Suarna. A imaxe repítese en moitas das pistas da rede secundaria dos concellos da montaña luguesa. Son os efectos das intensas nevaradas, aínda visibles sete días despois. As árbores poboadas de folla non resistiron o peso da neve e acabaron sobre o asfalto co risco que isto carrexa para a circulación.

Dende onte as labouras de limpeza sumáronse varias empresas madeiristas contratadas pola Deputación provincial. Eles contan coa maquinaria necesaria para realizar estes traballos con maior celeridade. Hai 24 equipos distribuídos por toda a rede secundaria retirando as pólas das árbores. Traballan nuns 14 concellos.

O bloqueo das pistas tamén está dificultando o traballo dos operarios das compañías eléctricas para solucionar todas as avaría na subministración.









 

Noticias web

03/11/2018