CRTVG

Buscar

O Club Pesca Cíes retira plástico do litoral de San Vicente do Mar

Publicado o 15/09/2019 14:50

Esta imaxe repítese o día pactado, o 15 de setembro, en toda España. Máis de 30 clubs deportivos, de kaiak, de surf, de piragüismo, organizan batidas do litoral para eliminar a maior parte posible de plástico.

En Galicia, o Club Pesca Cíes, o único de Galicia que pesca en kaiak, reparte xente polo litoral do Grove, concretamente entre o Con Negro e as Pedras Negras.

Algo máis de dúas horas para encher as bolsas de lixo. Atopan de todo, pero os produtos estrela son as redes, cabichas do tabaco, tarugos, cordas, aparellos das bateas e envases de botellas... Iso é o que vemos. Pero hai máis...

Os microplásticos non desaparecen. A ONU avisa. Se non se frena o problema en 30 anos haberá máis plástico ca peixes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/09/2019