CRTVG

Buscar

Retencións na nacional 120 ao estar cortado un carril por un novo desprendemento

Publicado o 26/02/2019 13:53

Un carril da nacional 120 volve estar cortado ao caer grandes pedras na vía á altura do Pereiro de Aguiar. Dous semáforos regulan a circulación provocando importantes retencións. Este último desprendemento produciuse hai aproximadamente un mes, pero son continuos cando hai choiva intensa.

As fins de semana as retencións son quilométricas. Quéixanse que as obras de restauración do noiro duran moito. A nacional 120 une Vigo e Logroño, o treito entre Ourense e Monforte, con moita afluencia de tráfico pesado e numerosos sinistros, é no que se producen estes desprendementos.

Noticias web

26/02/2019