Retencións na AP-9 na entrada a Vigo por un accidente
Publicado o 14/10/2019 10:43
Un accidente a primeira hora da mañá provocou importantes retencións na AP-9 na entrada a Vigo. O sinistro produciuse pouco antes das 8 da mañá entre os túneles de Candeán e A Madroa. Foi unha colisión entre dous coches. Un dos condutores perdeu o control do vehículo por causas que se descoñecen e invadiu o outro carril, provocando o impacto.
Como consecuencia do accidente houbo retencións quilométricas.