CRTVG

Buscar

O grupo social ONCE mellora os seus resultados económicos en Galicia no último ano

Publicado o 06/08/2019 08:44

O grupo social ONCE mellora os seus resultados económicos en Galicia no último ano. Os datos do informe de 2018 recollen un aumento das vendas de xogo de máis dun nove e medio por cento. Fixéronse, ademais, 1.166 novos contratos en Galicia.

Desde a ONCE consideran estes datos como históricos e destacan que os beneficios se destinan a investimentos sociais para persoas con discapacidade. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019