CRTVG

Buscar

Restricións para entrar en Portugal ata o martes

Publicado o 30/10/2020 22:57

Hoxe foi o primeiro día de restricións para entrar en Portugal. Dende hoxe e ata o martes incluído os portugueses están confiandos en cadanseu concello, e iso tamén afecta os galegos. Portugal rexistra hoxe ademais o seu peor día de toda a pandemia en canto a falecidos. 

Récord de falecidos, 40, e tamén por terceiro día consecutivo récord de positivos, 4.656. Portugal cumpre pouco a pouco as perigosas predicións
que apuntan a que a semana que vén chegarán aos 7.000 casos díarios. Ante esta situación dende hoxe, como dicías, ninguén poderá saír do seu
concello sen motivo xustificado ata o martes que vén. O Goberno luso quere así evitar os desprazamentos por Defuntos e agravar a crise sanitaria.
Os galegos vémonos afectados por estas restricións, non podemos entrar no país excepto para traballar, estudar ou, por exemplo, se temos unha
reserva de hotel, pero unha vez que se chegue a ese establecemento non poderemos movernos do concello onde está situado. Esta tarde xa
puidemos comprobar que o fluxo aquí na fronteira foi mínimo.

 

 

Noticias web

30/10/2020