CRTVG

Buscar

Restricións na Unión Europea por temor ás novas variantes

Publicado o 10/03/2021 15:01

Italia non é unha excepción no continente. As novas variantes do virus están detrás deste incremento e algúns dos países revisan xa as súas restricións.

A maioría dos países están optando por manter as restricións ou incluso adoptar novas medidas, mentres intentan avanzar na campaña de vacinación, que vai máis lenta do desexado. 

Algunhas restricións limítanse a zonas concretas. Por exemplo, en París, cunha incidencia moito máis alta que a media francesa. Nos últimos días anunciaron a prohibición de beber alcohol nas zonas máis concorridas e tamén o peche de tendas non esenciais e centros comerciais.

En Francia segue o toque de queda ás seis da tarde e mantéñense pechados os cines e teatros e os bares e restaurantes.

Países Baixos ampliou a semana pasadas as restricións e o toque de queda. Ou a República Checa, co sistema hospitalario ao límite, prohibiu durante tres semanas o movemento entre provincias e pechou colexios.

Son só algúns exemplos. En xeral, todo os países da Unión están sendo moi conservadores coa desescalada á espera de comprobar ata que punto se propagan as novas variantes do virus. 

 

 

Noticias web

10/03/2021