A presenza de arsénico na auga da traída provoca restricións en Castro de Rei
Publicado o 21/10/2021 14:37
Debido á presenza de arsénico, o Concello de Castro de Rei restrinxiu o consumo da auga da traída. Durante os días vindeiros, máis de 3.000 veciños de 14 parroquias só poderán empregala para a hixiene persoal ou para a limpeza, o que fixo que se disparase a venda de auga embotellada para bebela ou para cociñar.
A presenza desta substancia tóxica débese a que o lugar onde está situada a planta potabilizadora se encontra próximo a unha mina. Segundo o Concello, o problema resolveríase coa instalación dun decantador de arsénico, petición que xa foi trasladada a Augas de Galicia.
A cantidade de arsénico na auga superaba 0,10 miligramos por litro, o que obrigou a substituír a area dos filtros na potabilizadora.