CRTVG

Buscar

Os aeroportos de Alvedro e de Peinador só abrirán catro horas ao día

Publicado o 25/03/2020 16:53

Os aeroportos de Alvedro e de Peinador só abrirán catro horas ao día, unha medida que non afecta a terminal da Lavacolla. Aena tomou esta medida pola restrición á mobilidade e o drástico descenso no número de voos. Tanto en Vigo coma na Coruña só operan dous en todo o día e, nos dous casos, trátase das conexións con Madrid. Por exemplo, aquí en Vigo o último voo saíu ás 9.30 e dende esa hora e ata mañá xa non hai programados novos voos. Por iso o aeroporto pechou dende as 11 da mañá a terminal e a atención aos pasaxerios. O que si mantén é a súa operatividade para poder recibir voos en caso de necesidade.

O aeroporto da Lavacolla, en cambio, pola súa clasificación como terminal 24 horas, non pechará en todo o día, aínda que con algunhas restricións.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020