CRTVG

Buscar

Restos arqueolóxicos datan o poboado de Vilar de Barrio na Idade de Ferro

Publicado o 04/10/2021 21:23

Atopan en Vilar de Barrio parte dunha muralla e unha construción con restos arqueolóxicos que permiten datar o castro orixinal polo menos na Idade de Ferro.

Martiño Xosé Vázquez, arqueólogo de Xeitura: "Ademais dunha ánfora tamén atopamos unha conta oculada púnica que constatan que había maior actividade comercial porque é de moitos séculos atrás. Temos unha datación moi clara de que estamos perante un castro romanizado pero non sabemos canto para atrás podemos ir. Sabemos que hai dous mil anos isto estaba habitado". As sondaxes realizadas nos puntos máis baixos fan sospeitar que esta ocupación se alongou ata o medievo.

"Restos arqueolóxicos que converterían a este outeiro na fortaleza máis grande de toda a Limia. Estamos falar de case dez hectáreas e de estruturas moi raras a nivel arqueolóxico", asegura Martiño. 

Cando rematen os traballos de sondaxe, o proxecto continuará cunha fase divulgativa en que se dará a coñecer aos veciños os achados arqueolóxicos, ao tempo que se recollen as lendas e topónimos que permitan avanzar na historia deste lugar. Actividades que arrancarán xa neste mes de outubro con citas todos os venres.

Noticias web

04/10/2021