CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Restauran o veleiro Joaquín Vieta para facer excursións ás illas atlánticas

Publicado o 31/07/2014 15:03
É o veleiro máis antigo de Galicia e a partir de agora terá unha nova misión: trasladar os visitantes ás illas Cíes, en excursións de grupos reducidos, nas que se mestura cultura, natureza e gastronomía.

"Aproveitalo para recuperar a cultura e o patrimonio natural. Faranse rutas explicativas etnográficas, naturais, para coñecer as illas, os cultivos mariños..."

Construído en Outes en 1916, este barco dedicouse ao traslado de conservas, cemento, madeira e viño, na ruta marítima entre Vigo e Noia.

"Este barco fai 100 anos en 2016. Estivo sempre en activo e conserva o nome do seu primeiro propietario, Joaquín Vieta, un catalán establecido en Muros"

Navegou durante as dúas grandes guerras e tamén en plena guerra civil. Agora comeza unha nova singradura a través das Illas Atlánticas, un dos lugares máis fascinantes de Galicia.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí