CRTVG

Buscar

Restablecido o servizo eléctrico na Arxentina tras o apagamento masivo

Publicado o 17/06/2019 10:04

A Arxentina, O Uruguai e Paraguai recuperan a electricidade tras o apagamento histórico. Aínda se investigan os motivos deste fallo no transporte da enerxía. Ás tres horas comezou a recuperarse a normalidade. O servizo ferroviario e o metro estiveron suspendidos. Logrou salvarse o transporte aéreo por contar con xeradores propios. 50 millóns de persoas víronse afectadas.

Na Arxentina restableceuse de madrugada a subministración eléctrica tras o histórico apagamento deste domingo. Nunha xornada de chuvia forte, as casas e as rúas quedaron sen subministración eléctrica. O metro e os trens foron suspendidos en Bos Aires. Os principais aeroportos seguiron operando con xeradores eléctricos propios.

O corte de luz afectou O Uruguai e zonas de Paraguai. Segundo as autoridades, debeuse a un fallo no transporte da enerxía eléctrica.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/06/2019