CRTVG

Buscar

Restablécese en Ponteareas a feira dos sábados con cambios notables

Publicado o 09/05/2020 15:29

Volve a feira pero volve moi reducida e con cambios importantes. Hoxe só acudiron seis postos, todos de produtos agrícolas, cando adoito esta praza Bugallal acollía ata 140 vendedores. Voluntarios de Protección Civil vixían que se respecten os espazos delimitados e a distancia de seguridade.

O venres a Delegación do Goberno recuaba e autorizaba a celebración destas feiras, o que deixou o Concello de Ponteareas sen apenas tempo para convocar os vendedores. Mañá domingo celebraranse as feiras de Padrón e Carballo, esta última íase celebrar o xoves pasado pero nese momento a Delegación do Goberno non o permitiu.

Noticias web

09/05/2020