Restablecen o tráfico en Portomarín logo do accidente dun camión que levaba explosivos
Publicado o 11/06/2020 07:59

Restablecida a circulación en Portomarín, despois de que retiraran o camión que caeu por un desnivel con explosivos.
No accidente faleceu o copiloto, un veciño de Lugo de 42 anos. O condutor quedou ferido grave. Foi un accidente brutal. O camión foise da vía e precipitouse ao baleiro nun viaduto duns 15 metros de altura.
Unha vez liberados os camioneiros, especialistas dos Tedax da Garda Civil supervisaron a retirada da carga, antes de mover o vehículo. Tardaron unhas doce horas en subilo.