CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O foro Emociona reúne en Santiago a 1.400 persoas

Publicado o 18/11/2017 14:52

Emociona, o foro de educación social e emocional que se celebra por cuarta vez en Compostela, covértese nesta edición no máis numeroso de toda España. 1.400 persoas, desde psicólogos a pedagogos ou simplemente pais, escoitaron esta mañá a Elsa Punset e a outros pensadores ilustres. O obxectivo da convención é responsabilizarnos das nosas emocións para vivir un pouco mellor e algo máis felices.

As bancadas cheas nun evento, o Emociona 2017, que congregou a 1.380 homes e mulleres, e que se montou cunha aparencia moi norteamericana. Elsa Punset foi a primeira "adestradora da mente" en falar. Non somos responsables das nosas emocións pero si do que facemos finalmente con elas.

Rafael Santadreu, autor do libro tan vendido "Ser feliz en Alaska", propón técnicas específicas para conseguir unha mente máis forte.

Xavier Guix centrouse en como resolver problemas de comunicación no relatorio "Nin me explico, nin me entendes...."

Despois de catro edicións sabemos que a felicidade non consiste en rir todo o tempo senón en saber vivir capeando as frustracións e sendo responsables do que facemos coas nosas emocións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí