"Respira fondo", lema da nova campaña de promoción do Camiño
Publicado o 15/07/2020 14:39
"Respira fondo" é o lema na nova campaña destinada a promocionar o Camiño de Santiago. Unha chamada á calma coa que a Asociación de Municipios Xacobeos trata de darlle un novo pulo ao Camiño Francés.
A nova campaña de promoción do Camiño pretende ser unha chamada á calma para os primeiros momentos desta nova normalidade.
O seu lema "Respira fondo" quere trasladarlle ao peregrino os beneficios que para a saúde pode ter nestes momentos o Camiño. Con novas medidas de seguridade ao longo do Camiño búscase o regreso dos peregrinos.
A campaña presentouse en Santiago, unha vez que se logrou a reapertura dunha rede suficiente de albergues que permitan darlle un novo pulo a esta ruta Patrimonio da Humanidade.