CRTVG

Buscar

Respectamos os sinais de prevención do coronavirus nas rúas?

Publicado o 14/07/2020 21:29

Instalamos a cámara, literalmente, nunha transitada rúa de Santiago, onde hai sinais que marcan unha única dirección para os peóns. Durante uns segundos observamos e contamos. Un, dous, tres, catro... Deixamos a conta, pero hai moitos viandantes que van a contracorrente.

Vemos que aínda que hai quen non cumpre, hai tamén quen trata de seguir o itinerario establecido. E observamos tamén que a maioría, na rúa, leva máscara.

Os paseos pola rúa, ou ir de tendas, aínda que sexa en espazos abertos, mudou nos últimos meses pola COVID-19. O coronavirus marca os nosos pasos. En todo o país hai sinais exteriores. A recomendación é que os sigamos.

Noticias web

14/07/2020