CRTVG

Buscar

Resignación entre a hostalería, que permanecerá pechada

Publicado o 15/02/2021 16:12

Resignación entre a hostalería, que permanecerá pechada, polo menos, ata o vindeiro luns. Esta tarde manteñen unha xuntanza con representantes da Xunta para abordar unha situación que consideran crítica. 

Aseguran que moitos negocios van ter que pechar e a maioría dos locais que permanecen abertos con servizo a domicilio non conseguen pagar os gastos. O propietario do establecemento ourensán O Perico di que os pedidos durante a semana son escasos.

O chef do restaurante A Taberna, tamén na cidade das Burgas, confirma esta situación. "Abrimos para que as neveiras non estean pechadas e para distraernos un pouco porque isto xa non son tebras, isto é escuridade", lamenta.

Insisten en que eles non son os culpables e piden solucións. "No canto de Expedientes de Regulación Temporal de Emprego que paguen controladores", reclama Outomuro. 

Noticias web

15/02/2021