CRTVG

Buscar

Residentes no barrio ferrolán de Caranza piden o amaño do paso elevado

Publicado o 09/09/2019 14:56

Este paso elevado sobre a avenida das Pías, na entrada de Ferrol, está moi deteriorado. Comunica o barrio de Caranza co do Bertón. Os usuarios din que nunca se pintou nin se reparou e considérano perigoso.

"Todo o mundo di que esta ponte está para caer. Cando estás arriba, móvese, nótase un montón".

Santiago Magán, vicepresidente da asociación de veciños: "Hai que darse de conta de que esta é unha poboación avellentada. Cando viñemos para Caranza eu tiña 33 anos e agora teño 73. Os anos van pesando no corpo e por desgraza hai poucos mozos e cada vez menos, e hai que facilitarlles as cousas ás persoas maiores".

Porque na asociación de veciños non é que dubiden da seguridade da pasarela, pero cren que a deterioración da varanda e as ramplas fan que as persoas maiores non a poidan usar. 

 Santiago Magán, vicepresidente da asociación de veciños: "Queremos que se acometa dunha vez a rebaixa da avenida das Pías como xa foi aprobada no seu momento e que a ponte se adapte porque así non vale para nada. O Concello ten que financiar unha parte e Fomento o resto. Uns por outros, a casa por varrer e os prexudicados somos nós".

Piden que as administracións cumpran os seus compromisos.

 

Noticias web

09/09/2019