CRTVG

Buscar

A residencia Porta do Camiño acollerá os maiores de Lugo e A Coruña

Publicado o 25/03/2020 16:53

Esta residencia de Porta do Camiño, en Santiago, acollerá os anciáns de xeriátricos das provincias de Lugo e A Coruña que deran positivo por coronavirus. Ten unha capacidade total de 84 prazas.

Os anciáns dependentes que residían aquí, arredor dunha vintena, quedarán no centro, pero estarán perfectamente illados. Os maiores autónomos, arredor de 60, serán trasladados esta mesma tarde ao hotel Congreso, en Teo.

Está previsto que na xornada de hoxe se proceda á limpeza e desinfección da residencia e que mañá comecen a chegar os primeiros anciáns contaxiados. Dende a Asociación Galega de Residencias valoran positivamente a reorganización feita pola Xunta.

Os maiores contaxiados que teñan un prognóstico grave serán trasladados sempre a un hospital.

Noticias web

25/03/2020

Máis sobre actualidade

R. Sociedade 1-1 Vilarreal
30/11/2020 00:01
Arousa 1-0 Atios
29/11/2020 23:54
Estradense 1-1 Choco
29/11/2020 23:42
Bergantiños 2-1 Fabril
29/11/2020 23:37
As Palmas 3-2 Spórting
29/11/2020 23:23
R. Vilalbés 3-2 Fisterra
29/11/2020 23:23