CRTVG

Buscar

Rexístranse 400 positivos entre os usuarios das residencias galegas

Publicado o 28/11/2020 21:33

Baixada dos contaxios nos xeriátricos galegos. Hoxe son 400 os anciáns positivos en coronavirus, 60 menos ca onte.

A residencia Vila do Conde en Gondomar suma 23 novos positivos por PCR nas últimas horas. Son 18 anciáns e cinco traballadores, o que eleva a 128 o número total de contaxiados neste xeriátrico.

A meirande parte dos traballadores infectados teñen síntomas leves. As alarmas saltaban a semana pasada co positivo dunha traballadora pero non saben se pode estar aquí a orixe deste gromo.

A residencia sométese a probas PCR cada tres días. Aseguran estar preocupados pero din que a situación agora mesmo está controlada.

Esta residencia ten un total 120 usuarios, dos cales 107 están contaxiados. Do total de 73 traballadores, 21 deron positivo por coronavirus.

Noticias web

28/11/2020