CRTVG

Buscar

Rescate musical dos bombeiros de Santiago

Publicado o 25/04/2020 21:46

 E de novo os bombeiros de Santiago quixeron amenizarlles a tarde aos veciños que se manteñen nas súas casas e respectan as normas do confinamento. E fixérono de uniforme, cos vehículos oficiais e con música en directo.

 Subido no alto da esqueira un dos axentes interpretou, guitarra eléctrica en man, varios temas que son xa himnos destes días de encerro. "Grazas por quedar na casa" é a mensaxe que nos dan á cidadanía mentres nos recordan que eles seguen aí para os momentos de urxencia e para algún de distensión.

Noticias web

25/04/2020