CRTVG

Buscar

Rescate dun transbordador que encallou nas Canarias polo forte vento

Publicado o 08/01/2021 08:29

Nas Canarias, rescatan un transbordador que encallou a poucos metros do porto de Agaete, no noreste de Gran Canaria, durante a manobra de atraque.

O accidente ocorreu esta noite pasada por causa do temporal que golpea o arquipélago, con vento moi forte. O barco une os portos de Agaete e Santa Cruz de Tenerife. Transportaba 59 pasaxeiros e 17 tripulantes. Non quedou ninguén ferido. 

 

Noticias web

08/01/2021