CRTVG

Buscar

Rescatan uns nenos que quedaron illados nunhas rochas de Oleiros

Publicado o 02/07/2019 14:10

Dous menores de Oleiros tiveron que ser rescatados despois de quedar illados nunha zona de cantís. Foi en Canide, moi preto da praia de Mera. Ao parecer un veciño foi o que alertou a Garda Civil de Oleiros ao velos no momento en que comezaba a subir a marea. Para chegar ata eles, os axentes tiveron que descender pola parede dos cantís coa axuda dunhas cordas, xa que estaban nunha zona de moi difícil acceso. Finalmente foron rescatados sans e salvos.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/07/2019