CRTVG

Buscar

Rescatan unha turista co seu can nun cantil de Muxía

Publicado o 29/07/2021 15:08

Xusto detrás dun cantil, nunha zona de difícil acceso, está a Furna do Barro, o lugar onde tiveron que rescatar unha turista catalá de 29 anos acompañada do seu can.

Sen saber como volver, e atrapada pola subida da marea, chamou o 112. Ata o lugar desprazáronse por mar un axente da Policía Local de Muxía e un voluntario de Protección Civil.

Non é a primeira vez que sucede algo semellante. A Policía Local de Muxía tivo que rescatar o ano pasado outro turista que quedara atrapado no mesmo lugar.

Noticias web

29/07/2021