CRTVG

Buscar

Rescatan unha parella que caeu ao mar de madrugada nun peirao de Vigo

Publicado o 01/11/2019 13:55

Unha parella de dezaoito anos tivo que ser rescatada ó caer ó mar no peirao de A Laxe, en Vigo, nas inmediación do embarcadoiro dos buques que van ás Illas Cíes. Arredor das dúas e media da mañá unha testemuña veu o accidente e chamou ó 112.

A moza colouse entre uns barrotes e lanzouse á agua, tras ela o rapaz para socorrela. Tiveron que permanecer agarrados ó espigón, xa que a altura da marea superaba os tres metros e non podían subir. A embarcación de prácticos do peirao chegou á zona e rescatounos. A chica foi trasladada ó Alvaro Cunqueiro e o mozo non precisou ser evacuado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/11/2019