Trasladan unha nena ao hospital tras ser rescatada nunha praia de Baiona
Publicado o 01/08/2019 18:32

Unha pequena tivo que ser trasladada ao hospital despois de ser rescatada da auga e reanimada nunha praia de Baiona.
Nun descoido dos pais, a nena meteuse na auga e non foi quen de saír. Varias persoas decatáronse da situación, rescatárona e conseguiron reanimala. Dáse a circunstancia de que entre elas estaba o conselleiro de Sanidade, Xesús Vázquez Almuíña.
A nena foi atendida polos servizos de urxencia e trasladada, consciente, ao hospital.
Máis sobre Galicia
22/04/2021 21:01
22/04/2021 20:49
22/04/2021 20:47